prótese epéntese paragoxe (un)

3 03UTC Agosto 03UTC 2009 at 6:20 pm (lingua galega) (, , , , , , , )

iste ía ser nun principio o título deste blogue, mais logo viume á mente unha cantiga preciosa dos Arcade Fire e todo semella ronda-lo mesmo.

The Aracde Fire, os arcade para os amigos, son un grupo da cidade de Montréal.

os arcade son un grupo bilingüe xa que algunhas das súas cantigas están en inglés e outras en frnacés.

os arcade son un grupo bilingüe porque algúns dos seus membros son falantes de inglés e outros falantes de francés.

os arcade non podían senon ser un grupo bilingüe porque son de Montréal, a cidade bilingüe do canadá.

montréal é cidade bilingüe porque nila conviven unha comunidade francófona e máis unha comunidade anglófona.

montrèal é cidade biligüe porque acolle catro universidades, dúas francesas e dúas inglesas.

montrèal é cidade bilingüe polo feito de ser cidade do quebec na mesma fronteira con ontario.

vénme unha soa conclusión de toda esta perorata.

bilingüismo ≠ galicia bilingüe

na miña opinión había que lle cambiar o nome a galicia bilingüe porque leva a confusión. evoca conceptos e realidades que non representa. mais quizais tamén había que lle cambia-lo nome ao nacionalismo, xa  que esta palabra evoca conceptos e realidades que no que coñecemos como nacionalismo galego non existen.

Ligazón permanente Deixar un comentario

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.