autoestradas e berberechos

6 06UTC Setembro 06UTC 2009 at 8:14 pm (territorio) (, , , , , , )

esta semana presentou feijóo non sei que plano de infraestruturas.

resulta que ese plano de infraestrutras se basea en construir máis vías de altas prestacións [autoestradas e corredores], 0 km de liñas de ferrocarril, ningunha clase de intención de aborda-los problemas de tránsito nas zonas dénsamente poboadas do eixo atlántico.

q hai do ferrocarril de proximidade? do metro na coruña e en vigo? por non falar das eivas que ten o transporte coletivo [ferroviario e non ferroviario]. zonas das periferias das cidades nas queos autobuses pasan cada hora [cando cadra].

todo na mesma semana que se anuncia que a empresa que une con transbordadores as dúas beiras da ría de vigo vai deixar de viaxar a moaña e quere reducir frecuencioas a cangas.

malia todo, a estrela de toda esta lea infraestrutural é a ponte sobre a ría de muros e noia. un xigante de quilómetro e pico que ameaza con botar limo enriba do banco marisqueiro de berberecho meirande da península.

será o prezo que temos que pagar por cruza-la ría en cinco minutos menos, non si?

ou é que feijóo e o seu conselleiro de… bueno, é conselleiro de tantas cousas que quen se lembra de todas!? digo que se estarán ofrecidos a algunha virxe e non comen xa berberechos.

ou peor aínda. será que nesta febre desgaleguizadora non chega con entrega-las caixas, deturpa-la toponimia e esmagar o idioma senón que tamén cómpre españoliza-la nosa gastronomía? seica imos cambia-los berberechos e o polvo polo cocido madrileño?

que opinarán en galicia bivalva? http://libertinajelinguistico.blogspot.com/

xa ven da era fraga unha especie de obsesión co asfalto que supoño que vai paralela á obsesión pola comida que desenvolveu toda a xeración que pasou fame na posguerra [ou non son estes os que teñen botado a andar as mil e unha festas gastronómicos do noso país].

supoño que o illamento asfáltico que sufriu o noso país dende que o asfalto é asfalto fixo que agora sobrevaloremos estradas e autovías. países ben mais desenvolvidos ca o noso [noruega sen ires máis lonxe] teñen unha rede viaria ben máis primitiva e non lles pasou nada.

o máis grave ademáis é que non semella que se tomen medidas para mellora-la acesibilidade nas zonas máis densamente poboadas. trinta anos despois a AP9 segue tendo peaxes, é dicir, atrancos onde parte dos usuarios perde agardando para pagar os dez minutos que aforrou collendo a autoestrada. as frecuencias ferroviarias no eixo atlántico seguen a ser ridículas e moitos dos trens que as cobren, de xoguete. os autobuses de proximidade teñen unha fiabilidade propia de país dos balcáns [sen ánimo de ofender].

mais xa se sabe.

hai anos, penso que durante un goberno aznar, un directivo de FEVE presentou un informe no que afirmaba que o custo de transporte do carbón que se queimaba nas térmicas era o seguinte:

unha metade cubría o percorrido dende o corazón dos estados unidos ata os portos galegos [coruña e ferrol, supoño] e a outra metade o traxecto en camión dende o porto á central.

mete medo non si? o directivo barría para a casa e afirmaba que cuns poucos quilómetros de vía férrea podçiase minimiza-lo custo desa segunda metade. que fixeron?

gaseárono

evaporárono

neutralizárono

non se volveu saber del

coma os que se metían con stalin:

o seu corpo foi a siberia

e toda pegada da súa existencia foi borrada con photoshop [pincel corrector e tal, xa sabedes]

comede berberechos, aínda q sexa en lata, mentres poidades.

Ligazón permanente 1 comentario

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.